BENVIDA ÁS NOVAS PERSOAS COLEXIADAS
FRANCISCO SANIN MÍGUEZ #EFD Nº 71.998 DIEGO QUINTAS LOSADA #EFD Nº 72.007 DANIEL CALVO MÍGUEZ #EFD Nº 72.017 JOSÉ ALBERTO VÁZQUEZ GÁNDARA #EFD Nº 72.027 HUGO FERNÁNDEZ GONZÁLEZ #EFD Nº 72.036 ISABEL LIMA MARTÍNEZ #EFD Nº 72.050 JOSÉ IGNÁCIO SALGADO LÓPEZ #EFD Nº 9.882 MARKEL GALÁN CANDELAS #EFD Nº 72.064 ANDRÉS VÁZQUEZ BARCIELA #EFD Nº 72.072 MANUEL EXPÓSITO FERNÁNDEZ #EFD Nº 72.112 NATALIA ALONSO ARUFE #EFD Nº 72.125 JOSÉ MARÍA SUÁREZ RIAL #EFD Nº 72.128 ERIKA GAGO MARTÍNEZ #EFD Nº 72.136 FRANCISCO OVIES GUTIÉRREZ #EFD Nº 72.149 ÁLVARO FARINÓS CRUZ #EFD Nº 72.157 PABLO SOUTO VILLANUSTRE #EFD Nº 72.159 ÁLVARO RAMÓN ÁVALOS #EFD Nº 72.180 |
COMUNICADO: A NECESARIA IMPLANTACIÓN DA DEDUCIÓN FISCAL POR GASTOS ASOCIADOS Á EDUCACIÓN FÍSICA E DEPORTIVA EN GALICIA |
Esta semana o Xerente do COLEF Galicia #EFD Nº 56.399 Diego Vilas, estivo na Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física de Pontevedra e na de A Coruña dando unha charla informativa os alumnos e alumnas sobre “A colexiación unha obriga legal” e “O mercado laboral e a súa situación actual” A importancia da regulación profesional é indiscutible e así o teñen que ver a todos os implicados. |
 |
Co obxectivo de avanzar en accións que reforcen a presenza e recoñecemento do noso colectivo neste eido, agradeceríamos que calquera persoa que teña participado en algún proceso xudicial como perito/a (xa sexa de parte ou perito/a designado/a polo órgano xudicial) nos poida confirmar brevemente: - Se participou nalgún procedemento xudicial como perito/a
- O ano ou anos de participación
- Breve descrición do ámbito do caso (sen información confidencial)
Podedes responder directamente a este correo ou, se o preferides, contactar connosco telefónicamente no seguinte número: 698177305 Toda a información recibida será tratada con estrita confidencialidade e empregada unicamente para fins organizativos internos. Agradecemos moito a vosa colaboración e compromiso co avance da nosa profesión. |
Como cada ano desde Unión Profesional de Galicia nos solicita que lles enviemos unha actualización dos Peritos Xudiciais do noso colexio para a Guía de Peritos Xudiciais de Galicia 2026. Esta guía é unha listaxe oficial na que aparecen peritos de todas as profesións, que poden ser chamados para procesos xudiciais polos xulgados ou de parte por se fose necesario a valoración técnica dun suceso, servizo, material, etc. É un instrumento de Unión Profesional de Galicia no que colabora o COLEF Galicia. Se estás interesado/a en formar parte da listaxe deberá cubrir e firmar o documento que lle achegamos, indicando unha soa especialidade profesional e enviar a colef@colefgalicia.com antes do 10/11/2025. |
|
|
informe “Dirección Técnica Deportiva: unha cuestión de saúde e seguridade, non só de xestión” do Consejo COLEF. O documento establece un marco claro para ordenar, sen excluír, as actividades profesionais da dirección e xestión deportiva: dirección e xerencia deportiva, dirección técnica de servizos deportivos, dirección deportiva federativa e coordinación operativa de servizos deportivos. Unha proposta que reforza a seguridade, a confianza e a profesionalización do sector, diferenciando responsabilidades e garantindo que cada perfil achegue o seu valor desde o seu ámbito específico. |
|
|
|
A Revista Española de Educación Física e Deportes (REEFD) puxo ao dispor pública o seu arquivo histórico completo desde 1949, accesible de forma gratuíta a través do seu sitio oficial. Este fondo documental recolle máis de sete décadas de publicacións que reflicten a evolución da profesión, a investigación e a praxe no ámbito da educación física e o deporte. Con esta iniciativa, o Consejo COLEF reforza o seu compromiso coa divulgación do coñecemento, a memoria profesional e o acceso aberto aos contidos científicos e técnicos do sector. |
|
|
Informe do Consejo COLEF “Adestramento Persoal en España: contexto normativo e conceptualización para abordar a súa regulación estatal”. Este documento, froito dun intenso traballo de revisión experta e validación institucional, aborda a cuestión crave de que é e que non é adestramento persoal. A proposta resúmese en ordenar sen excluír: diferenciar con claridade o adestramento persoal, reservado a titulados universitarios en CAFyD, da instrución individual de exercicio físico, lexítima para perfís técnicos de FP. |
|
|
|
Obradoiro de fisioloxía deportiva e novas metodoloxías no adestramento |
|
|
III Xornadas de Nutrición do Colexio Oficial de Dietistas-Nutricionistas |
Estas xornadas representan un punto de encontro entre profesionais do ámbito da nutrición e a saúde, co obxectivo de compartir coñecementos, experiencias e os últimos avances na profesión.
🗓️22 de novembro de 2025 ⏰09:30-18:30h 📍Pontevedra |
|
|
|
 |
O próximo 21 e 22 de novembro de 2025 celebrarase no Paraninfo da Universidade da Coruña o Congreso TECHSPORTNOW A Coruña 2025, un encontro internacional que conectará intelixencia artificial, tecnoloxía e deporte. O programa organízase en varios bloques temáticos centrados na IA aplicada ao rendemento deportivo, o fitness, a xestión e a innovación no deporte. |
|
|
Rúa Lope Gómez de Marzoa S/N Edificio FEUGA, despacho 20 15705 Santiago de Compostela Teléfono: 698177305 colef@colefgalicia.com |
|
|
A información contida nesta mensaxe e os arquivos adxuntos é confidencial, calquera modificación, retransmisión, difusión ou outro uso por persoas ou entidades distintas ás persoas á que vai dirixida está prohibida salvo que estea autorizado expresamente polo emisor da mensaxe. Se a recibe por erro, bórrea de calquera computador sen copialo nin comunicalo e informe ao emisor. Aínda que COLEF Galicia adoptou as precaucións necesarias, recomendamos que comprobe que non existen, nesta mensaxe, elementos que poidan afectar o seu equipo informático. COLEF Galicia non aceptará ningunha responsabilidade acerca dos danos ou perdas que puidesen producirse. Así mesmo, informámoslle que as manifestacións contidas na mensaxe son responsabilidade exclusiva e persoal de quen o envía. Vostede poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación, portabilidadE de datos e a non ser obxecto de decisións individualizadas automatizadas, en relación cos datos obxecto do tratamento, ante o COLEF Galicia, na dirección Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n, edificio FEUGA, despacho 20, 15705 - Santiago, ou por correo electrónico a colef@colefgalicia.com, achegando copia do seu DNI ou documento equivalente; ou directamente ante o delegado de protección de datos: delegadoprotecciondatos@prodasva.org. No caso de que non obtivese satisfacción no exercicio dos seus dereitos, poderá presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos. |
|
|
|