BENVIDA ÁS NOVAS PERSOAS COLEXIADAS
LUIS MIGUEL ÁLVAREZ MORÁN #EFD Nº 72.326 IVÁN CASTRO SEOANE #EFD Nº 13.803 NICOLÁS ZABALETA FLÓREZ #EFD Nº 72.334 CARLOS RAMOS VARELA #EFD Nº 72.337 LUNA BOTANA LÓPEZ #EFD Nº 72.346
|
O COLEF Galicia en colaboración con @aldahotels , traémosvos un sorteo moi especial para agradecer o voso compromiso coa profesión e a vosa colexiación: unha noite con almorzo incluído para dúas persoas en calquera dos establecementos que ALDA Hotels. Validez: xaneiro e febreiro de 2026 Como participar? É moi sinxelo: 1⃣ Estar colexiado/a no COLEF Galicia e seguir as contas @colefgalicia e @aldahotels 2⃣ Darlle like a esta publicación 3⃣ Etiquetar a persoas tituladas en Ciencias da Actividade Física e do Deporte ou que estean actualmente cursando o grao 4⃣ Compartir este post nas túas historias e mencionar ás dúas contas organizadoras
MOITA SORTE A TODAS E TODOS! 🌲
|
|
|
|
Este ano o aguinaldo de fin de ano do COLEF Galicia ven cargado! Abre o teu agasallo agora e gózao durante o 2026! Un agasallo que non esperabas: intelixencia artificial, ciberseguridade, tecnoloxía aplicada á Educación Física e Deportiva e moito máis para un 2026 cun perfil moito máis competitivo en docencia, rendemento, saúde e dirección e xestión. O COLEF Galicia tráeche este 🎁 agasallo, DE BALDE para ti e deseñado para que aprendas ao teu ritmo, con contidos de máximo nivel e unha certificación aliñada cos estándares europeos. O futuro profesional non espera. Súmate agora e empeza o ano invertindo en ti. Prazas limitadas!
|
|
|
|
_3.png) |
A vosa opinión é fundamental para valorar o traballo realizado, identificar áreas de mellora e orientar as accións futuras da corporación. A participación só levará 2 minutos. Animámosvos a cubrir a enquisa antes das 23:59 do 9 de xaneiro de 2026, contribuíndo así a que o COLEF Galicia siga avanzando na defensa e promoción da Educación Física e das Ciencias da Actividade Física e do Deporte en Galicia. |
DENDE O COLEF GALICIA QUEREMOS COMPARTIR UNHA BOA NOVA PARA A PROFESIÓN |
Dende o COLEF Galicia queremos compartir unha boa nova para a nosa profesión. O Concello de Vigo vén de notificarnos a resolución ás alegacións que presentamos fronte á aprobación inicial da súa RPT, e celebramos que estimaran as nosas demandas. O Concello recoñece expresamente que estes postos deben estar ocupados por persoas con formación especializada no ámbito deportivo, o que supón un avance significativo na defensa profesional dos/as Educadores/as Físico Deportivos/as. |
ASISTIMOS AO VI CONGRESO INTERNACIONAL DE TURISMO DEPORTIVO SPORTUR GALICIA |
Estivemos no noso stand colexial, informando da importancia da existencia dun colexio que loite polos dereitos dos graduados en Ciencias da Actividade Física e do Deporte e dando visibilidade a figura do/a educador/a físico-deportiva. |
|
|
|
CONVENIO DE COLABORACIÓN COA REAL FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL |
Dende o COLEF Galicia temos anunciamos que a través do convenio de colaboración coa Real Federación Galega de Fútbol (RFGF), un acordo que reforza o compromiso compartido coa formación de calidade no ámbito da actividade física e deportiva, a nosa colexiación poderá acceder ás novas accións formativas da RFGF para o curso 2025-2026, ampliando así as oportunidades de actualización profesional e especialización nun sector en constante evolución. |
|
|
|
XA PODES ACCEDER A PARTE ESPECÍFICA DA FORMACIÓN EN COMPETENCIAS DIXITAIS |
Xa está dispoñible a parte específica do Programa Formativo en Competencias Dixitais para educadoras e educadores físico deportivos. Tras a parte transversal, esta nova fase ofrece contidos aplicados e directamente conectados coa práctica profesional en docencia, preparación física e dirección técnica. Con sete bloques asíncronos, formación síncrona e unha fase presencial, o itinerario aborda IA, creatividade dixital, prestación de servizos, gamificación, análises de datos e xestión. Trátase dunha formación subvencionada, valorada en 2.500 euros, que ademais contará con recoñecemento universitario. |
|
|
Rúa Lope Gómez de Marzoa S/N Edificio FEUGA, despacho 20 15705 Santiago de Compostela Teléfono: 698177305 colef@colefgalicia.com |
|
|
A información contida nesta mensaxe e os arquivos adxuntos é confidencial, calquera modificación, retransmisión, difusión ou outro uso por persoas ou entidades distintas ás persoas á que vai dirixida está prohibida salvo que estea autorizado expresamente polo emisor da mensaxe. Se a recibe por erro, bórrea de calquera computador sen copialo nin comunicalo e informe ao emisor. Aínda que COLEF Galicia adoptou as precaucións necesarias, recomendamos que comprobe que non existen, nesta mensaxe, elementos que poidan afectar o seu equipo informático. COLEF Galicia non aceptará ningunha responsabilidade acerca dos danos ou perdas que puidesen producirse. Así mesmo, informámoslle que as manifestacións contidas na mensaxe son responsabilidade exclusiva e persoal de quen o envía. Vostede poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación, portabilidadE de datos e a non ser obxecto de decisións individualizadas automatizadas, en relación cos datos obxecto do tratamento, ante o COLEF Galicia, na dirección Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n, edificio FEUGA, despacho 20, 15705 - Santiago, ou por correo electrónico a colef@colefgalicia.com, achegando copia do seu DNI ou documento equivalente; ou directamente ante o delegado de protección de datos: delegadoprotecciondatos@prodasva.org. No caso de que non obtivese satisfacción no exercicio dos seus dereitos, poderá presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos. |
|
|
|