BENVIDA ÁS NOVAS PERSOAS COLEXIADAS
WALTER RONALDO MARTINS TERRÓN #EFD Nº 72.841 YAGO LÓPEZ CARRACEDO #EFD Nº 72.846
|
COMUNICADO 2-2026 COLEF GALICIA “A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL DISCRIMINA O PROFESORADO DE EDUCACIÓN FÍSICA” |
O Plan de Actividades Físicas e Hábitos Saudables é obrigatorio en todos os centros educativos, pero a Consellería non recoñece tempo de coordinación para o profesorado de Educación Física, que deberá asumir esta responsabilidade sen asignación horaria. Desde COLEF Galicia reclamamos o mesmo recoñecemento que teñen outras coordinacións docentes. Non se pode defender a promoción da saúde e da actividade física mentres se lle negan os recursos mínimos para facela realidade. Respectar a Educación Física é tamén respectar o seu profesorado. |
PREMIOS Á EXCELENCIA E COMPROMISO PROFESIONAL UPdG 2026 |
O pasado 20 de xuño, Unión Profesional de Galicia celebrou en Santiago de Compostela a súa gala anual, un acto institucional que rende homenaxe ás traxectorias dedicadas ao servizo da sociedade desde as profesións colexiadas. Nesta edición, distinguiuse con esta distinción ao noso colexiado, o Sr. José Luis Romero Nieves (#EFD nº 3.435), en recoñecemento aos valores de excelencia, ética e vocación de servizo que inspiran o seu exercicio profesional. O premio entregouno o presidente do COLEF Galicia, Henrique Xoán Rodríguez Pantín, e recolleuno no nome do premiado o secretario da nosa corporación, Alexandre Fernández Fernández. Desde o COLEF Galicia transmitimos os nosos máis sinceros parabéns ao galardoado por este merecido recoñecemento. |
DISTINTIVOS EFD®: "MÁXIMA GARANTÍA PROFESIONAL" COLEF GALICIA |
MÉRCORES DE: COÑECE COLEF GALICIA |
NOVA FORMACIÓN NO COLEF GALICIA |
CURSO PARA EDUCADORAS E EDUCADORES FÍSICO DEPORTIVOS: ACCESO Á BOLSA DE EMPREGO DO SISTEMA DE PRESCRICIÓN DE ACTIVIDADE E EXERCICIO FÍSICO EN CANARIAS |
 |
A implantación do Sistema Canario de Actividade Física para a Saúde (ACTIVÍDATE) continúa avanzando coa apertura dunha nova edición do curso de formación para educadoras e educadores físico deportivos. Financiado integramente polo Gobierno de Canarias, este programa gratuíto de 36 horas constitúe o requisito formativo para incorporarse á bolsa de emprego das Unidades Activas de Exercicio Físico (UAEF), unha peza clave do modelo canario de prescrición de actividade e exercicio físico.
A formación permanecerá dispoñible ata o 31 de maio de 2027 e está dirixida exclusivamente a profesionais titulados en Ciencias da Actividade Física e do Deporte con colexiación vixente. A formación, completamente gratuíta, ten unha duración de 36 horas e desenvólvese en modalidade en liña asíncrona, permitindo que cada participante avance ao seu propio ritmo. O acceso ao curso permanecerá aberto ata o 31 de maio de 2027, facilitando a compatibilidade coa actividade. |
MÁSTER CIENCIAS DO EXERCICIO, PREPARACIÓN FÍSICA E READAPTACIÓN DEPORTIVA |
Máster Interuniversitario en Ciencia do Exercicio, Preparación Física e Readaptación Deportiva está dirixido a tituladas e titulados universitarios que queren especializarse en: - Preparación física
- Adestramento privado
- Readaptación deportiva
- Aplicación profesional da ciencia do exercicio
Unha formación presencial, especializada e orientada ao desenvolvemento profesional no ámbito da actividade física e as ciencias do deporte. Preinscricións: 22 de xuño ao 6 de xullo. Universidade de Vigo + Universidade de A Coruña. - 60 ECTS.
- Prazas limitadas.
|
|
|
|
CURSO EXPERTO EN EXERCICIO FÍSICO E CANCRO |
Bótalle un ollo ao novo catálogo de prendas corporativas e fai a túa compra na TENDA COLEF GALICIA |
A canle de WhatsApp do Consejo COLEF bríndache a oportunidade de estar ao tanto de todo o que sucede na profesión e na Organización Colexial. Únete agora e forma parte desta rede, onde poderás recibir toda a información relevante de maneira inmediata e segura. Non te perdas ningunha actualización nin información relevante da FORMACIÓN EN COMPETENCIAS DIXITAS APLICADAS AO ÁMBITO DA EDUCACIÓN FÍSICA E DEPORTIVA. |
|
|
Rúa Lope Gómez de Marzoa S/N Edificio FEUGA, despacho 20 15705 Santiago de Compostela Teléfono: 698177305 colef@colefgalicia.com |
|
|
A información contida nesta mensaxe e os arquivos adxuntos é confidencial, calquera modificación, retransmisión, difusión ou outro uso por persoas ou entidades distintas ás persoas á que vai dirixida está prohibida salvo que estea autorizado expresamente polo emisor da mensaxe. Se a recibe por erro, bórrea de calquera computador sen copialo nin comunicalo e informe ao emisor. Aínda que COLEF Galicia adoptou as precaucións necesarias, recomendamos que comprobe que non existen, nesta mensaxe, elementos que poidan afectar o seu equipo informático. COLEF Galicia non aceptará ningunha responsabilidade acerca dos danos ou perdas que puidesen producirse. Así mesmo, informámoslle que as manifestacións contidas na mensaxe son responsabilidade exclusiva e persoal de quen o envía. Vostede poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación, portabilidadE de datos e a non ser obxecto de decisións individualizadas automatizadas, en relación cos datos obxecto do tratamento, ante o COLEF Galicia, na dirección Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n, edificio FEUGA, despacho 20, 15705 - Santiago, ou por correo electrónico a colef@colefgalicia.com, achegando copia do seu DNI ou documento equivalente; ou directamente ante o delegado de protección de datos: delegadoprotecciondatos@prodasva.org. No caso de que non obtivese satisfacción no exercicio dos seus dereitos, poderá presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos. |
|
|
|