BENVIDA ÁS NOVAS PERSOAS COLEXIADAS
BERTO FANDIÑO TRILLO #EFD Nº 72.201 ALEJANDRO TUBÍO SUEIRO #EFD Nº 72.205 MARTA RODRÍGUEZ LOZANO #EFD Nº 72.210 JOAQUÍN MAGUNA LAGO #EFD Nº 72.237 MARTÍN IGLESIAS RIAL #EFD Nº 72.280 ANA IGLESIAS AMADO #EFD Nº 72.299 CARLOS PIÑEIRO ÁLVAREZ #EFD Nº 72.307 ALEXANDRE SOLLA CARBALLA #EFD Nº 72.308
|
A protesta contou co apoio do COLEF Galicia e formulouse a través dunha “sentada” e a lectura dun manifesto no que afondaron “na falta de ordenación profesional que garanta a calidade e a seguridade da práctica físico-deportiva, ademais de loitar contra o intrusionismo e a precariedade laboral”. Ademais, demandan “que se recoñezan as profesións do deporte e que se garanta a calidade e seguridade da práctica físico-deportiva”, así como que se diferencien os niveis formativos, evitando equiparacións “inxustificadas”, e pase a recoñecerse “o papel esencial do graduado e graduada en Ciencias da Actividade Física e do Deporte na prescrición e readaptación mediante exercicio físico”. |
DESDE O COLEF GALICIA QUEREMOS EXPRESAR A NOSA PREOCUPACIÓN POLO PROGRAMA "PULSO ACTIVO" DA TELEVISIÓN DE GALICIA |
• O espazo debería ser conducido por unha persoa educadora físico deportiva (titulada universitaria en Ciencias da Actividade Física e do Deporte e colexiada), requisito imprescindible para garantir a seguridade e o rigor profesional. • Ademais, observamos unha comunicación centrada en estereotipos físicos e unha exposición sexualizada que se afasta dos principios da promoción da saúde. • Lembramos que se presentaron candidaturas de profesionais colexiados/as, con formación específica e plenamente capacitados/as para este tipo de intervencións. • Solicitamos que se revise a orientación do programa para asegurar que este tipo de contidos contribúan positivamente á educación en hábitos saudables. |
COMUNICADO 3-2025: "COLEF GALICIA AMOSA A SÚA PREOCUPACIÓN POLA IRRESPONSABILIDADE DE DIFUNDIR TÉCNICAS E MÉTODOS DE EXERCICIO FÍSICO SEN EVIDENCIA CIENTÍFICA NIN CAPACITACIÓN PROFESIONAL" |
O COLEF Galicia manifesta a súa profunda preocupación pola crecente difusión en medios de comunicación e redes sociais de técnicas, métodos e programas supostamente vinculados á mellora da saúde e ao rendemento físico sen base científica contrastada nin respaldo profesional legalmente recoñecido. |
PREMIO CONSEJO COLEF 2026: DÚAS CANDIDATURAS AUTONÓMICAS QUE DESTACAN POLA SÚA CONTRIBUCIÓN AO BALONCESTO E Á PRESERVACIÓN DO PATRIMONIO MOTOR |
As candidaturas aceptadas ao Premio Consejo COLEF 2026, presentadas por COLEF Galicia e COPLEF Catalunya, mostran dúas traxectorias tan valiosas como complementarias. COLEF Galicia propón a Fernando Fernández Allende, cuxa vida profesional estivo centrada no baloncesto, desde a docencia ata a formación de base e o alto rendemento, cun impacto directo en xeracións de mozas. Pola súa banda, COPLEF Catalunya presenta a Pere Lavega Burgués, referente internacional na preservación do patrimonio motor e os xogos tradicionais, e na súa proxección educativa e cultural. |
|
|
|
Os días 15 e 16 de novembro, o COLEF Galicia participou no 106º Pleno Ordinario do Consejo COLEF, celebrado na cidade de Murcia e organizado polo COLEF da Región de Murcia, que este ano celebra o seu 40º aniversario. Durante as sesións abordáronse cuestións de alto impacto, entre as que destacaron: ⚖️A ordenación profesional 📊A aprobación dos orzamentos para 2026 🤖O seguimento do Programa Formativo en Competencias Dixitais. Agradecemos o excelente labor organizativo do COLEF Murcia e celebramos poder seguir traballando, conxuntamente, nun momento decisivo para o futuro da profesión. #RegulaciónProfesionalXA #EFD #ProfesionaisCualificados |
|
|
|
Ao acto inaugural asistiron tanto o presidente do COLEF Galicia Henrique Xoán Rodríguez como o presidente do Consejo COLEF Vicente Gambau que, xunto ao Decano da Facultade Óscar García, deron a benvida ás máis de 80 asamblearias/os que acudiron á Facultade de Pontevedra dende toda a xeografía do estado; animándoos a aproveitar ao máximo estes días de traballo en beneficio do seu futuro e da profesión. Mario Caramés, presidente da Asociación de Estudantes da Facultade, e Carlos González, presidente de Anecafyde agradeceron o apoio recibido e introduciron a xornada inaugural, na que todos os asistentes puideron desfrutar das comunicacións inspiradoras de referentes profesionais da Educación Física e Deportiva. |
|
|
|
 |
Participación do COLEF Galicia como peritos nas probas físicas para bombeiro-condutor en Ferrol Os días 4 e 5 de novembro, profesionais do COLEF Galicia participaron como peritos especialistas na avaliación das probas físicas correspondentes ao proceso selectivo para 7 prazas de Bombeiro-Condutor do Concello de Ferrol. Os/as peritos/as designados forman parte da Guía de Peritos Xudiciais de UPRO, o que garante que a súa intervención se realiza baixo criterios de rigor técnico, imparcialidade e estrito cumprimento da normativa vixente.
A participación dos Educadores/as Físico Deportivos/as colexiados/as asegura: - Profesionalidade na execución e valoración das probas
- Transparencia durante todo o proceso selectivo
- Obxectividade e independencia dos resultados
- Máxima calidade técnica en servizos relacionados coa aptitude física
Desde o COLEF Galicia reafirmamos o noso compromiso coa sociedade e coas administracións públicas, velando polos dereitos das persoas aspirantes e garantindo procesos de selección xustos e con todas as garantías profesionais. |
|
|
Rúa Lope Gómez de Marzoa S/N Edificio FEUGA, despacho 20 15705 Santiago de Compostela Teléfono: 698177305 colef@colefgalicia.com |
|
|
A información contida nesta mensaxe e os arquivos adxuntos é confidencial, calquera modificación, retransmisión, difusión ou outro uso por persoas ou entidades distintas ás persoas á que vai dirixida está prohibida salvo que estea autorizado expresamente polo emisor da mensaxe. Se a recibe por erro, bórrea de calquera computador sen copialo nin comunicalo e informe ao emisor. Aínda que COLEF Galicia adoptou as precaucións necesarias, recomendamos que comprobe que non existen, nesta mensaxe, elementos que poidan afectar o seu equipo informático. COLEF Galicia non aceptará ningunha responsabilidade acerca dos danos ou perdas que puidesen producirse. Así mesmo, informámoslle que as manifestacións contidas na mensaxe son responsabilidade exclusiva e persoal de quen o envía. Vostede poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación, portabilidadE de datos e a non ser obxecto de decisións individualizadas automatizadas, en relación cos datos obxecto do tratamento, ante o COLEF Galicia, na dirección Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n, edificio FEUGA, despacho 20, 15705 - Santiago, ou por correo electrónico a colef@colefgalicia.com, achegando copia do seu DNI ou documento equivalente; ou directamente ante o delegado de protección de datos: delegadoprotecciondatos@prodasva.org. No caso de que non obtivese satisfacción no exercicio dos seus dereitos, poderá presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos. |
|
|
|