BENVIDA ÁS NOVAS PERSOAS COLEXIADAS
ANA BERMÚDEZ BAIXERAS #EFD Nº 72.693 ÁNGEL VIDAL PÉREZ #EFD Nº 72.700 FABIO LIMA CORREA #EFD Nº 59.496 DAVID GÓMEZ MAGARIÑOS #EFD Nº 72.706 BRUNO MOLDES GARCÍA #EFD Nº 72.734
|
O pasado mércores a Xunta de Galicia entregou 51 distincións ao mérito deportivo.🏅 Dar a noraboa a todas e todos as premiadas e premiados e especialmente ao galardoado D. Eduardo Lamas Sánchez #EFD Nº 7.337 membro honorífico do COLEF Galicia. |
O presidente do COLEF Galicia, Henrique Xoán Rodríguez Pantín (EFD Nº 7.370), mantivo unha reunión de traballo con Pedro Iglesias Santos (EFD Nº 9.227), presidente do Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar, coa finalidade de continuar fortalecendo as sinerxías entre ambas entidades. |
O COLEF Galicia estivo presente no 108º Pleno do Consejo COLEF en Guadalajara, participando activamente nos debates sobre a regulación profesional e a defensa das competencias das persoas tituladas en CAFyD. Grazas ao COPLEF Castilla-La Mancha pola magnífica acollida e ao Consejo COLEF polo traballo. Un pracer compartir espazo con todos os COLEF autonómicos, que continúan a sumar esforzos por un obxectivo común: unha profesión forte, recoñecida e ben regulada. Seguimos avanzando xuntos |
O COLEF GALICIA NAS AULAS: O PRIMEIRO PASO CARA Á EXCELENCIA PROFESIONAL |
O pasado mércores 22 de abril, a Coordinadora de Proxectos do COLEF Galicia e #EFD Nº 68.159 Laura González, estivo cos alumnos e cas alumnas de terceiro curso do Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte en Pontevedra. Durante a sesión, abordáronse temas fundamentais como "A colexiación " e "O mercado laboral e a súa situación actual". Queremos aproveitar esta ocasión para dar as grazas especialmente ao #EFD Nº 57.129 Javier Carballo por facilitarnos o seu tempo e permitirnos compartir co seu alumnado durante a clase de Metodoloxía II. É un privilexio contar con docentes tan comprometidos en achegar a realidade profesional ás aulas. Seguimos traballando para acompañar aos futuros profesionais no seu camiño cara ao mercado laboral. |
 |
O martes 14 de abril estivemos na nosa primeira xornada co noso stand na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte en Pontevedra. Desde o COLEFGalicia seguimos saíndo á rúa para poñer en valor a labor das e dos profesionais da Educación Física e do Deporte. O noso stand foi un punto de encontro para compartir proxectos, resolver dúbidas e, sobre todo, seguir construíndo unha comunidade forte e comprometida coa saúde e o exercicio físico de calidade. Grazas a todas as persoas que vos achegastes a saudarnos! Seguimos traballando por e para a nosa profesión. |
 |
Certificación oficial de identidade exclusiva para os e as Educadores/as Físico Deportivos/as colexiados/as na modalidade exercente. Obxetivos: - Aumentar a identificación corportativa e profesional.
- Mellorar a visibilidade dos/as profesionais de EFD coa cidadanía.
- Recoñecer o compromiso das persoas colexiadas.
- Apoiar aos centros de traballo contituídos por profesionais cualificados.
AÍNDA NON TES SOLICITADO O TEU? Solicítao nalgunha das 3 modalidades: ✅INDIVIDUAL. ✅ CENTRO DE TRABALLO COMPROMETIDO. ✅ CENTRO DE TRABALLO DE REFERENCIA. |
Temos nova información na sección: “MÉRCORES DE: COÑECE COLEF GALICIA” Roupa corporativa: non é moda: é identidade profesional. A nova plataforma de imaxe profesional nace para reforzar a unidade e a representación da nosa profesión, ofrecendo unha identidade visual común para todas e todos os Educadores/as Físico Deportivos/as de Galicia. |
Bótalle un ollo ao novo catálogo de prendas corporativas e fai a túa compra na TENDA COLEF GALICIA |
Celebramos o Día da Educación Física na Rúa 2026 #DEFR2026 🤸🏻♂️⛹🏼🧗🏻#DEFC2026 O COLEF Galicia participou nesta xornada tan especial, celebrada en A Coruña, colaborando nunha acción conxunta organizada polo CPR Liceo La Paz a través da nosa colexiada Noa Irago Mosquera #EFD 67.786. En toda Galicia participaron 62 centros educativos e +7.700 alumnos/as. Queremos agradecer a todos os docentes implicados/as, aos concellos, e a todas as persoas e entidades colaboradoras que fixeron posible esta xornada. |
COMO DEDUCIR A COTA COLEXIAL? A profesión das/os Educadoras/es Físico Deportivas/os é unha profesión colexiada, por iso os seus profesionais teñen a posibilidade de deducirse a cota de colexiación na modalidade EXERCENTE na base impoñible. |
Presenta a túa acción formativa ao Plan Anual Formativo do Consejo COLEF O Consejo COLEF lanza unha convocatoria aberta a todo o ecosistema profesional da Educación Física e Deportiva —colexios autonómicos, universidades, grupos de investigación, entidades e profesionais— para incorporar accións formativas ao Plan Anual Formativo do DPC 2026. 🤷🏻♀️Que é o DPC? O DPC é un instrumento estratéxico orientado a ordenar, reforzar e proxectar a formación continua do sector baixo criterios de calidade, pertinencia e utilidade profesional. 👉🏻 Esta iniciativa non só permite integrar propostas nun sistema estruturado e con respaldo institucional, senón que abre a porta para posicionar coñecemento, transferir evidencia científica e contribuír activamente á mellora do exercicio profesional de EFD. 🗓️ Fin de presentación de propostas: 12/05/2026, 23.59 h |
A recente incorporación de Vicente Gambau, presidente do Consejo COLEF , vogal do COLEF Galicia e profesor da UDC, á Academia de Ciencias da Actividade Física e do Deporte en España, é unha excelente nova para o noso sector. Este nomeamento non só pon en valor a súa traxectoria investigadora e profesional, senón que reforza a presenza dos EFD en espazos onde o futuro da actividade física e do deporte no Estado están en constante crecemento. |
Cada 6 de abril celébrase o Día Mundial da Actividade Física, unha data que invita a lembrar algo que, en realidade, xa sabemos: manterse activo mellora a saúde, o benestar e a calidade de vida. Máis aló do debate aberto sobre a interpretación dos datos de práctica deportiva en España, a evidencia científica internacional mostra que a inactividade física segue sendo un reto global a pesar de décadas de políticas públicas. Promover a actividade física non depende só de decisións individuais, senón de contornas, servizos e oportunidades de práctica accesibles. |
|
|
|
Finalizada a formación do COLEF Galicia, en colaboración con AMI (Asociación de Montañeiros Independentes), cun completo curso de escalada, no que as persoas colexiadas puideron actualizar competencias, mellorar a súa práctica profesional e afondar na seguridade e na técnica deste deporte. |
EVENTO PRESENCIAL FORMACIÓN EN COMPETENICAS DÍXITAIS EFD |
| FORMACIÓN EN COMPETENCIAS DIXITAIS NA EDUCACIÓN FÍSICA E DEPORTIVA |
|
O VII Curso de formación sobre o patrimonio lúdico e a II Escuela de verano de juegos tradicionais “Iberia Ludens”, pretenden ser herdeiros das pioneiras actividades de formación desenvolvidas hai xa máis dunha década arredor dos xogos tradicionais. Actividade homologada con 16 horas de formación pola Consellería de Educación. |
A canle de WhatsApp do Consejo COLEF bríndache a oportunidade de estar ao tanto de todo o que sucede na profesión e na Organización Colexial. Únete agora e forma parte desta rede, onde poderás recibir toda a información relevante de maneira inmediata e segura. Non te perdas ningunha actualización nin información relevante da FORMACIÓN EN COMPETENCIAS DIXITAS APLICADAS AO ÁMBITO DA EDUCACIÓN FÍSICA E DEPORTIVA. |
|
|
Rúa Lope Gómez de Marzoa S/N Edificio FEUGA, despacho 20 15705 Santiago de Compostela Teléfono: 698177305 colef@colefgalicia.com |
|
|
A información contida nesta mensaxe e os arquivos adxuntos é confidencial, calquera modificación, retransmisión, difusión ou outro uso por persoas ou entidades distintas ás persoas á que vai dirixida está prohibida salvo que estea autorizado expresamente polo emisor da mensaxe. Se a recibe por erro, bórrea de calquera computador sen copialo nin comunicalo e informe ao emisor. Aínda que COLEF Galicia adoptou as precaucións necesarias, recomendamos que comprobe que non existen, nesta mensaxe, elementos que poidan afectar o seu equipo informático. COLEF Galicia non aceptará ningunha responsabilidade acerca dos danos ou perdas que puidesen producirse. Así mesmo, informámoslle que as manifestacións contidas na mensaxe son responsabilidade exclusiva e persoal de quen o envía. Vostede poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación, portabilidadE de datos e a non ser obxecto de decisións individualizadas automatizadas, en relación cos datos obxecto do tratamento, ante o COLEF Galicia, na dirección Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n, edificio FEUGA, despacho 20, 15705 - Santiago, ou por correo electrónico a colef@colefgalicia.com, achegando copia do seu DNI ou documento equivalente; ou directamente ante o delegado de protección de datos: delegadoprotecciondatos@prodasva.org. No caso de que non obtivese satisfacción no exercicio dos seus dereitos, poderá presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos. |
|
|
|