BENVIDA ÁS NOVAS PERSOAS COLEXIADAS
ANXO RESÚA LORENZO #EFD Nº 73.566 IVÁN CARREJA FERNÁNDEZ #EFD Nº 73.588 MARTÍN FERNÁNDEZ RIVAS #EFD Nº 73.590 XIÁN ROCHA MOLDES #EFD Nº 73.598 DAVID GIL PORTEIRO #EFD Nº 73.606 SABELA VÁZQUEZ-GARZA VARELA #EFD Nº 73.608 MANUEL VÁZQUEZ RODRÍGUEZ #EFD Nº 73.617 MARTÍN ANDRADE PAZ #EFD Nº 73.646 PEDRO PÉREZ FERNÁNDEZ #EFD Nº 73.658 IGNACIO FARIÑA RODRÍGUEZ #EFD Nº 73.665 ABEL ROEL SANDE #EFD Nº 73.675 JORGE LÓPEZ ÁLVAREZ #EFD 73.689 MANUEL DORREGO FERNÁNDEZ #EFD 73.690
|
O CONSEJO COLEF LEVA AO 29N A EDUCACIÓN FÍSICA COMO POLÍTICA DE ESTADO |
A Constitución Española encomenda aos poderes públicos fomentar a Educación Física desde 1978. Case medio século despois, facer efectivo ese mandato esixe servizos accesibles e seguros, profesionais cualificados e reformas que seguen pendentes. Con ese propósito, trasladouse aos partidos políticos de ámbito estatal dous documentos complementarios para a súa valoración e incorporación aos seus programas electorais. |
COLEF GALICIA NAS AULAS: O PRIMEIRO PASO CARA Á EXCELENCIA PROFESIONAL |
O pasado venres 23 de outubro, o Xerente do COLEF Galicia, Diego Vilas Casal (#EFD nº 56.399) e a Coordinadora de Proxectos do COLEF Galicia, Laura González González (#EFD nº 68.159), estiveron co alumnado de terceiro e de cuarto curso do Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de A Coruña.
Desde o COLEF Galicia temos moi claro que o compromiso coa profesión arranca dende o primeiro día na facultade, moito antes de rematar os estudos. Por iso, para nós é fundamental manter unha presenza constante nas facultades galegas de Ciencias da Actividade Física e do Deporte e falar directamente cos futuros profesionais. |
EXPOFAMILIA: MESA REDONSA - MÁIS ALÓ DE SER "CAMPIÓNS" |
Ourense volve converterse en punto de encontro para as familias coa terceira edición de EXPOFAMILIA, a feira da saúde e o benestar familiar, que se celebrará o sábado 7 e o domingo 8 de novembro no recinto de Expourense. Máis aló das charlas, a feira ofrece unha programación pensada para todas as idades.
O domingo 8 ás 17:00h, Diego Vilas Casal, Xerente do COLEF Galicia participará nunha mesa redonda MÁIS ALÓ DE SER “CAMPIÓNS”.
Porque o deporte non só forma deportistas, tamén forma persoas. O deporte infantil e xuvenil é moito máis que competicións, resultados e medallas. É esforzo, respecto, compañeirismo, superación, igualdade e aprendizaxe.
- Código desconto para COLEXIADOS/AS: DEPORTE10
- Válido ata o luns 2 de novembro.
|
CANDO A EDUCACIÓN FÍSICA CONVÉRTESE EN MOTOR DE INVESTIGACIÓN E SOLIDARIEDADE |
_26.png) |
Cada inicio de curso, miles de docentes de Educación Física deciden ir un paso máis aló e converter unha sesión de movemento nunha experiencia educativa con impacto real. A súa implicación en iniciativas como A Volta ao Cole de Unoentrecienmil demostra que a Educación Física é moito máis que actividade física: é saúde, é ciencia, é compromiso social e é esperanza para nenas e nenos que loitan contra a leucemia.
A Volta ao Cole Unoentrecienmil non é só unha carreira solidaria, é moito máis! Para os miles de colexios de toda España que a organizan cada ano, é unha experiencia educativa e transformadora que une ao alumnado, ao profesorado e ás familias ao redor dunha boa causa. Co pretexto de prepararse para a carreira, alumnos e alumnas aprenden valores esenciais: empatía, solidariedade e compromiso con aqueles nenos e nenas enfermos que están en tratamento e desexando volver ao cole.
Desde o Consejo COLEF e o COLEF Galicia, animamos un ano máis ao persoal docente de Educación Física a inscribir o seu centro educativo na Volta ao Cole 2026 e sumarse a unha acción solidaria que, curso tras curso, está a financiar investigación e transformando vidas. |
NOVO ESPAZO PARA PERSOAS PRECOLEXIADAS |
 |
No COLEF Galicia apostamos polo futuro e a protección dos estudantes. Sabemos que os estudos universitarios son un momento clave cheo de retos, pero tamén de incertezas e decisións importantes sobre o salto ao mundo laboral.
Desde o COLEF Galicia preocupámonos pola situación dos estudantes. Por iso, asumimos o compromiso firme de acompañar, guiar e respaldar ás novas xeneracións de profesionais da Educación Física e do Deporte antes de que teñan o título na man.
Por iso, creamos unha nova sección: "PRECOLEXIADOS/AS". Así, os estudantes teñen ao seu alcance un espazo deseñado especificamente para facerlles o camiño máis fácil e ofrecerlles ferramentas reais para o seu desenvolvemento: - Acompañamento e Orientación: Resolución de dúbidas sobre saídas profesionais, lexislación e marco legal para dar os primeiros pasos con total seguridade.
- Acceso a Formación Continua: Condicións e tarifas especiais en obradoiros, xornadas e cursos para complementar a formación académica.
- Bolsa de Emprego: Acceso a ofertas de traballo verificadas e adaptadas aos perfiles dos futuros graduados.
Os estudantes son o futuro da nosa profesión, e no COLEF Galicia queremos estar ao seu carón desde o primeiro momento.
|
GUÍA DE PERITOS XUDICIAIS UNIÓN PROFESIONAL DE GALICIA |
Como cada ano desde Unión Profesional de Galicia nos solicita que lles enviemos unha actualización dos Peritos Xudiciais do noso colexio para a Guía de Peritos Xudiciais de Galicia 2027.
Esta guía é unha listaxe oficial na que aparecen peritos de todas as profesións, que poden ser chamados para procesos xudiciais polos xulgados ou de parte por se fose necesario a valoración técnica dun suceso, servizo, material, etc. É un instrumento de Unión Profesional de Galicia no que colabora o COLEF Galicia.
Se estás interesado/a en formar parte da listaxe deberás cubrir e firmar o documento de consentimento que achegamos, indicando unha soa especialidade profesional, así mesmo rogamos ás persoas que xa forman parte da Guía que; se houbo algún cambio ou desexan realizar algunha modificación, envíes a documentación novamente cuberta para a súa acutlaización e enviar a colef@colefgalicia.com antes do 19/11/2026. |
O COLEF GALICIA ASISTE AO III FORO PERMANENTE DE COLABORACIÓN PÚBLICO-PRIVADA NOS SERVIZOS DEPORTIVOS |
O pasado 15 de outubro, O COLEF Galicia asistiu ao III Foro Permanente de Colaboración Público-Privada nos Servizos Deportivos.
A Coruña acolleu o xoves o III Foro Permanente organizado por AEESDAP co apoio de AGAXEDE, un espazo clave de diálogo sobre os retos da contratación pública e a xestión dos servizos deportivos.
Desde o COLEF Galicia continuamos participando activamente nestes espazos de diálogo e colaboración entre administracións, entidades e profesionais. |
O COLEF GALICIA ASISTE A PRESENTACIÓN DO “PLAN 2 MILLÓNS” |
O pasado 7 de outubro, a Cidade da Cultura acolleu a presentación oficial do Plan 2 Millóns, un evento estratéxico para o futuro do deporte e da actividade física na nosa comunidade ao que asistiron o presidente do COLEF Galicia, D. Henrique Xoán Rodríguez Pantín, e o presidente do Consejo COLEF e vogal da nosa xunta de goberno, D. Vicente Gambau i Pinasa.
Dende o COLEF Galicia celebramos este tipo de iniciativas que buscan mobilizar e mellorar a calidade de vida da poboación galega. Ao mesmo tempo, queremos lembrar e reafirmar unha cuestión fundamental: a saúde e a seguridade da cidadanía requiren contar con Educadoras e Educadores Físico-Deportivos (EFD). |
XUNTA DE GOBERNO COLEF GALICIA |
O pasado 1 de outubro celebrouse a reunión da Xunta de Goberno do COLEF Galicia para seguir avanzando no futuro e na protección da nosa profesión.
Entre os puntos máis destacados da orde do día abordáronse: - Accións e estratexias na defensa da profesión.
- Liñas de traballo para o desenvolvemento do Plan 2026 nos vindeiros meses.
- Preparación da participación no 109º Pleno do Consejo COLEF.
- Outros asuntos clave para o colectivo colexiado.
Seguimos traballando con compromiso e rigor polas e polos educadores/as físico deportivos/as de Galicia. |
A miúdo pensamos que con camiñar é suficiente, a ciencia e os profesionais recórdannos que o adestramento de forza e a masa muscular son esenciais para gañar autonomía e previr caídas.
Nun recente reportaxe de La Voz de la Salud, o noso vicepresidente, Enrique Fraga, EFD nº10.346, sinala que a clave non é un único músculo, senón a necesidade de avaliar cada situación persoal para traballar de forma global.
Fraga destaca que adestrar a forza e a potencia en adultos maiores non só mellora a musculatura, senón que tamén produce adaptacións cardiovasculares fundamentais para a autonomía e a prevención.
En definitiva, a actividade física debe estar planificada, estruturada e individualizada, lonxe de improvisacións.
Desde o COLEF Galicia lembramos que nunca é tarde para empezar a coidarse, pero que para garantir un envellecemento activo, seguro e de calidade, o traballo debe estar sempre en mans de educadores/as físico-deportivos cualificados/as. |
GAÑADORES SORTEO COLEF GALICIA |
PROMOCIÓN ESPECIAL COLEXIACIÓN 4T |
Promoción 4º Trimestre:
- Colexiándote a partir do 1 de outubro de 2026, pagarás unicamente a cota correspondente ao ano 2027.
- Os meses de outubro, novembro e decembro de 2026 son de balde, polo que non terás que aboar unha nova cota colexial ata o ano 2028.
(Ademais, lembra que esta oferta é acumulable a outras promocións) |
DISTINTIVOS EFD®: "MÁXIMA GARANTÍA PROFESIONAL" COLEF GALICIA |
Este distintivo é o selo de calidade que nos diferencia no mercado laboral e garante ante a sociedade que somos profesionais titulados, cualificados e sometidos a un estrito código deontolóxico.
Por que é vital que o utilices e o des a coñecer?
- Seguridade Legal: Certifica que contas co Seguro de Responsabilidade Civil obrigatorio para o exercicio da nosa profesión en Galicia.
- Identificación: Mellora a visibilidade para a cidadanía dos e das EFD en todos os niveis de desempeño.
- Recoñecemento do compromiso: Valoriza a implicación das persoas colexiadas e apoia aos centros de traballo integrados por profesionais cualificados.
- Garantía ante o usuario: É a ferramenta clave para loitar contra o intrusismo, dándolle tranquilidade ás persoas usuarias ao saber que están en mans dun/dunha Educador/a Físico Deportivo/a colexiado/a.
|
FOCO: PROGRAMA DE LIDERADO PARA ADESTRADORES E ADESTRADORAS |
Nun contexto no que o deporte evoluciona constantemente e as necesidades dos deportistas son cada vez máis diversas, a formación permanente constitúe unha ferramenta fundamental para o desenvolvemento dunha práctica profesional responsable, ética e orientada á excelencia. A incorporación de novos coñecementos, habilidades e metodoloxías permite aos profesionais da dirección técnica adaptarse aos retos actuais e mellorar o acompañamento que ofrecen aos deportistas ao longo da súa traxectoria. Con este propósito, FOCO nace como unha proposta formativa flexible, rigorosa e vinculada á realidade cotiá do adestramento a través do liderado e xestión dos deportistas.
Os primeiros contidos de FOCO estarán dispoñibles a partir do martes 20 de outubro, no Centro Virtual do CSED. |
DESCONTOS NA MATRÍCULA DOS ESTUDOS DE GRAO E POSGRAO EN UNIR |
Froito do convenio de colaboración vixente entre a Universidad Internacional de La Rioja (UNIR) e o COLEF La Rioja, as colexiadas e colexiados e os equipos profesionais dos COLEF de todas as comunidades autónomas e do Consejo General poden beneficiarse dun desconto especial na matrícula dos estudos de Grao e Posgrao.
Descontos aplicables: - 1ª matrícula: 10% de desconto sobre a tarifa xeral ou 5% adicional se xa hai unha promoción comercial activa.
- Matrículas posteriores: 10% de desconto sobre o prezo oficial do crédito.
|
Dentro do convenio entre o Banco Sabadell e o COLEF Galicia, trasladamos esta nova promoción para seguir mellorando nos servizos ofrecidos. Se estás interesado/a consulta ás condicións. |
PROGRAMAS COOPERACIÓN 2026 EMPREGO GALICIA |
OFERTAS DE EMPREGO PERSOAS COLEXIADAS |
OFERTAS EMPREGO PERSOAS PRECOLEXIADAS |
O teu futuro non se negocia. Colexiase. Ser EFD é liderar a saúde e o rendemento coa ciencia na man. Sen unión non hai defensa contra o intrusismo nin recoñecemento real. Colexiarse é protexer a túa profesión e esixir o lugar que che corresponde. Suma a túa forza. COLÉXIATE HOXE NO TEU COLEXIO PROFESIONAL |
|
|
Rúa Lope Gómez de Marzoa S/N Edificio FEUGA, despacho 20 15705 Santiago de Compostela Teléfono: 698177305 colef@colefgalicia.com |
|
|
A información contida nesta mensaxe e os arquivos adxuntos é confidencial, calquera modificación, retransmisión, difusión ou outro uso por persoas ou entidades distintas ás persoas á que vai dirixida está prohibida salvo que estea autorizado expresamente polo emisor da mensaxe. Se a recibe por erro, bórrea de calquera computador sen copialo nin comunicalo e informe ao emisor. Aínda que COLEF Galicia adoptou as precaucións necesarias, recomendamos que comprobe que non existen, nesta mensaxe, elementos que poidan afectar o seu equipo informático. COLEF Galicia non aceptará ningunha responsabilidade acerca dos danos ou perdas que puidesen producirse. Así mesmo, informámoslle que as manifestacións contidas na mensaxe son responsabilidade exclusiva e persoal de quen o envía. Vostede poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación, portabilidadE de datos e a non ser obxecto de decisións individualizadas automatizadas, en relación cos datos obxecto do tratamento, ante o COLEF Galicia, na dirección Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n, edificio FEUGA, despacho 20, 15705 - Santiago, ou por correo electrónico a colef@colefgalicia.com, achegando copia do seu DNI ou documento equivalente; ou directamente ante o delegado de protección de datos: delegadoprotecciondatos@prodasva.org. No caso de que non obtivese satisfacción no exercicio dos seus dereitos, poderá presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos. |
|
|
|