BENVIDA ÁS NOVAS PERSOAS COLEXIADAS MATÍAS FIGUEROA VILLAR #EFD Nº 70.467 YAIZA TABOADA IGLESIAS #EFD Nº 13.524 GONZALO MANUEL ORÓNS CASTRO #EFD Nº 72.377 ISIDORO HORNILLOS BAZ #EFD Nº 12.728 MANUEL CAMPOS ANDRADE #EFD Nº 72.384 IÁN MARTÍNEZ PÉREZ #EFD Nº 72.392 IVÁN VAGNER MARTÍNEZ #EFD Nº 72.416 RUBÉN PAZOS LORENZO #EFD Nº 72.417 IVÁN FABEIRO MARTÍNEZ #EFD Nº 72.446 GUZMÁN VICENTE GÓMEZ CALLEJA #EFD Nº 72.447 |
NOVA FORMACIÓN DO COLEF GALICIA: CURSO EN ESCALADA: MANOBRAS E O USO DE NÓS, CLASES E APLICACIÓNS |
Xa está dispoñible a formación de escalada para titulados/as en Ciencias da Actividade Física e o Deporte e para alumnos/as do grao de CCAFYD PRAZAS LIMITADAS (15 prazas) - MATERIAL INCLUIDO 📆 27/28 de marzo en A Coruña Non perdas tempo⏰, as prazas voan. Calquera dúbida, contáctanos! |
NORABOA A D. FERNANDO FERNÁNDEZ ALLENDE #EFD 11.235 POLO PREMIO CONSEJO COLEF |
COLEF Galicia presentou a candidatura de Fernando Fernández Allende, o seu perfil combina tres dimensións especialmente relevantes para este premio: docencia, desenvolvemento do baloncesto base e contribución ao tecido deportivo galego e estatal.
D.FERNANDO FERNÁNDEZ ALLENDE Colexiado 11.235 do COLEF Galicia. Máis de catro décadas dedicadas á docencia, ao baloncesto e á formación de base. Unha traxectoria construída desde a aula, a pista e o territorio, acompañando a xeracións de mozas, adestradoras e adestradores, e contribuíndo a que o deporte sexa experiencia educativa, hábito de vida e espazo de crecemento persoal. O seu percorrido fala de compromiso sostido, de presenza constante e dunha forma de exercer a profesión profundamente conectada coa comunidade. |
NOVA SECCIÓN: MÉRCORES DE: COÑECE COLEF GALICIA |
Dende o COLEF Galicia creamos unha nova sección: “MÉRCORES DE: COÑECE COLEF GALICIA”, con esta novidade imos dar información de interese para todos e todas sobre o COLEF Galicia. COLEF Galicia: a forza da nosa profesión é a casa de quen garante actividade física e deporte seguro e responsable.
COLEF Galicia traballa cada día para protexer e impulsar a profesión en Ciencias da Actividade Física e do Deporte. Xunta de Goberno: profesionais que entregan o seu tempo para defender a nosa profesión. |
|
|
|
GAÑADORA DO SORTEO COLEF GALICIA E ALDA HOTELS |
GUÍA PRÁCTICA: ACTIVIDADES FÍSICAS E DEPORTIVAS PARA AS ADOLESCENTES |
Cambiar a forma na que se deseñan as políticas deportivas, os espazos de práctica e a oferta de actividades para adolescentes é clave para reducir a brecha de xénero na inactividade física. Así o expón a Guía práctica: Actividades físicas e deportivas para as adolescentes, con 10 accións estratéxicas e 100 recomendacións dirixidas a distintos axentes públicos e sociais para mellorar as oportunidades de práctica das mozas en Secundaria. |
|
|
|
ENTREVISTA A MIKEL IZQUIERDO #EFD Nº 8.740 DO COLEF NAVARRA |
_1.png) |
Mikel Izquierdo lembra con contundencia que “o exercicio debe ser entendido como un auténtico fármaco polos seus efectos terapéuticos e preventivos”. Esta idea, tan sinxela como poderosa, abre un debate imprescindible: a necesidade de integrar ás e aos profesionais do exercicio físico (EFD) no sistema sanitario. Nun contexto no que as enfermidades crónicas, o sedentarismo e o deterioro da saúde pública avanzan con rapidez, resulta evidente que a actividade física non pode seguir ocupando un papel secundario. A súa eficacia está amplamente demostrada pola evidencia científica, tanto na prevención como no tratamento de múltiples patoloxías. Por iso, incorporar ás e aos EFD (especialistas en exercicio físico) á estrutura sanitaria permitiría ofrecer unha atención máis eficaz, segura e personalizada. Suporía un salto cualitativo cara a un modelo de saúde máis completo, no que a promoción do movemento e dos hábitos activos se converta nunha ferramenta central para mellorar o benestar da poboación. A reflexión de Izquierdo non é só unha chamada de atención, senón unha oportunidade para repensar o sistema sanitario e avanzar cara a unha atención verdadeiramente integral, baseada no coñecemento científico e orientada á prevención. Lembrarlle á cidadania buscar sempre EFD co seu número de colexiado/a. |
NOVIDADES NA FORMACIÓN EN COMPETENCIAS DIXITAIS NA PARA EFD |
🎓O Programa Formativo en Competencias Dixitais para EFD incorpora 6 ECTS certificados pola Univerdidade de Barcelona. Esta acreditación universitaria de balde reforza o valor profesional do programa e facilita que a formación poida computarse como mérito en procesos selectivos da Administración Pública, como prazas docentes ou técnicas. As educadoras e educadores físico deportivos que desexen obter o título universitario deberán rexistrarse previamente a través do formulario habilitado pola propia universidade, ligazón que se lles facilitará as próximas semanas desde o equipo dinamizador. |
|
|
O Programa Formativo en Competencias Dixitais aplicadas á EFD, permite xa a todo o alumnado rexistrado acceder directamente ao bloque de webinars síncronos sobre intelixencia artificial e elixir a edición que mellor se adapte á súa dispoñibilidade. Este bloque en liña síncrono aborda casos de uso reais da intelixencia artificial na práctica profesional e constitúe unha fase crave do curso: 💻 10 horas de formación en directo. 📚 Casos reais de uso da IA en docencia, preparación física e dirección técnica. 👩🏫 Profesorado especializado e enfoque práctico.
|
|
|
|
|
|
Rúa Lope Gómez de Marzoa S/N Edificio FEUGA, despacho 20 15705 Santiago de Compostela Teléfono: 698177305 colef@colefgalicia.com |
|
|
A información contida nesta mensaxe e os arquivos adxuntos é confidencial, calquera modificación, retransmisión, difusión ou outro uso por persoas ou entidades distintas ás persoas á que vai dirixida está prohibida salvo que estea autorizado expresamente polo emisor da mensaxe. Se a recibe por erro, bórrea de calquera computador sen copialo nin comunicalo e informe ao emisor. Aínda que COLEF Galicia adoptou as precaucións necesarias, recomendamos que comprobe que non existen, nesta mensaxe, elementos que poidan afectar o seu equipo informático. COLEF Galicia non aceptará ningunha responsabilidade acerca dos danos ou perdas que puidesen producirse. Así mesmo, informámoslle que as manifestacións contidas na mensaxe son responsabilidade exclusiva e persoal de quen o envía. Vostede poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación, portabilidadE de datos e a non ser obxecto de decisións individualizadas automatizadas, en relación cos datos obxecto do tratamento, ante o COLEF Galicia, na dirección Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n, edificio FEUGA, despacho 20, 15705 - Santiago, ou por correo electrónico a colef@colefgalicia.com, achegando copia do seu DNI ou documento equivalente; ou directamente ante o delegado de protección de datos: delegadoprotecciondatos@prodasva.org. No caso de que non obtivese satisfacción no exercicio dos seus dereitos, poderá presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos. |
|
|
|